Magazine

Berta Dávila_Premio Repsol de Narrativa Breve_Biblioteca Pública da Coruña MGGarcés

Description
Nada en 1987 en Santiago de Comostela, novelista e poeta, Berta Dávila é unha voz emerxente, autora dos libros de poesía “Corpo baleiro” (Espiral Maior 2007),…
Categories
Published
of 8
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Related Documents
Share
Transcript
Nada en 1987 en Santiago de Comostela, novelista e poeta, Berta Dávila é unha voz emerxente, autora dos libros de poesía “Corpo baleiro” (Espiral Maior 2007), “Dentro” (Editorial Fervenza 2008), Premio de Poesía Avelina Valladares e “Raíz da fenda” (Xerais 2013), Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu; da novela “Bailarei sobre a túa tumba” (Biblos 2008), Premio Biblos de Narrativa, o libro de relatos “A arte do fracaso” (Barbantesa 210). Berta Dávila (Santiago de Compostela 1987-) I Coñecinche coas pálpebras molladas e a mirada perdida alén da fiestra. E será porque amaba a auga toda do teu corpo que bebín insaciable nas túas bágoas ata que algunhas me fixeron mal. Descubriches que morro cada día (xa dende o mesmo día en que nacín) e, ao estares sen min, anulábaste nun loito inconfesable. Pese a que nunca fun demasiado purista (a luz artificial tamén é luz) amo o tacto, e creo que as cartas non suplen ás caricias. Sempre me corto cos folios que conteñen as túas palabras, e a ferida do dedo axúdame a sandar outra ferída máis fonda, esa que levo debaixo das pálpebras molladas de presencias ausentes. II Esta primeira vez de ti comigo, de mm contigo e coas túas mans intrépidas, non quere ser a miña primeira vez en nada. Esta primeira vez sabe a descubrimento. Non do corpo, si do teu corpo terso. Non do sexo, si do teu sexo efímero e froital Non do suor, si desas dúas gotas que percorren a fronte, esas mesmas que nunca desexara tantísimo... Esta primeira vez é comprenderte intacto como se só a min pertencese a túa pel, a túa respiración entrecortada, a miña cabeza sobre o teu peito. É contemplarme máis espida que outras veces, baixo as pestanas sen rímmel, cos meus olios nos teus ollos estáticos, espida e plena de ti, case inexplorada, conquistada e descuberta de novo polos dous. Dentro XI Non sei se escribo só para poder quererte ou se só te quero para poder escribir, o único que sempre tiven claro é que a catarse sería rosa esta tarde, esta noite, e a mañá de mañá. VII Sabías que ninguén quería, coma min, ter por dentro o teu sangue e os teus ósos. Sabías que o camiño adoita estar trazado de anternán, que hai luces silenciadas esvarando no espello. Sabíalo, e aínda así fuches forte, resistiches a chuvia, permaneciches quieto ata a fin do diluvio. Non, nunca dixeches non. Rompín todo o cristal do que algún día te fixeron. Parte por parte derretín o teu xeo. E pese a ser ti ao que máis rabuñaban, ti, á intemperie, ti, sempre ao borde da caída: eu quixen ser a débil. Sempre, sempre tiveches forzas para me protexer. Sabías que as verdades só poden revelarse no murmurio, que a rebelión máis bárbara comeza con sentencias en voz baixa, que a paisaxe pode ser comprendida moi afastada do marco da fiestra. Algún día -xa que tes tempo eternoven aquí e explícame por qué tiveches que chegar en barco ata o fondo do océano por qué por qué tiveches que chegar en barco ata o fondo do océano por qué tiveches que chegar en barco. Dentro / Berta Dávila.-- A Estrada (Pontevedra) : Fervenza, 2008. 50 p. ; 22 cm.-- (O cartafol de Vilancosta ; 9) No verso da cuberta: Concello da Estrada, Departamento de Cultura. Esta obra foi a gañadora da XII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía D.L. PO 574-2008. - ISBN 84-96368-79-3 Signatura: G-P 869 DAV den O derradeiro libro de Emma Olsen / Berta Dávila. -- Vigo : Galaxia, 2013. 120 p. ; 21 cm. -- (Literaria ; 319) VII Premio de Narrativa Breve Repsol 2013 D.L. Vg 759-2013 ISBN 978-84-9865-507-0 Signatura: G-N 869 DAV der Cuando la joven Emma hija soltera del rico y distinguido señor Woodhouse pierde la compañía de su antigua institutriz, toma bajo su tutela a la humilde Harriet Smith. Su extracción modesta y su simpleza, además de su hermosura, hacen de ella una candidata perfecta para que Emma pueda entregarse a su ocupación favorita: arreglar la vida de los demás. Sus afanes para que Harriet haga un matrimonio ventajoso y su personalidad manipuladora sufrirán, sin embargo, distintos reveses antes de que la situación alcance un final inesperado y feliz. Raíz da fenda / Berta Dávila.-- Vigo : Xerais, 2013. 134 p. ; 22 cm.-- (Poesía ; 30) XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu D.L. VG 336-2013. - ISBN 978-84-9914-527-3 Signatura: G-P 869 DAV rai Raíz da fenda, prologado luminosamente por Marilar Aleixandre, accede aos dominios da causa última da dor, da perda ou ausencia facendo uso dunha armazón que convida a entrar nas dimensións da quebra do entorno máis próximo, anoándose coas vivencias da morte, a enfermidade, a traizón ou o desamor e as súas consecuencias. Bailaré sobre tu tumba / Berta Dávila ; tradución, Sara Fernández.-- Cesuras (A Coruña) : Biblos, 2008. 94 p. ; 23 cm.-- (Mandaio) IV Premio Biblos - Pazos de Galicia D.L. C 4609-2008. - ISBN 978-84-936607-5-8 Signatura: DL 21169 Versión española de Sara Fernández Bailarei sobre a túa tumba / Berta Dávila. -Cesuras (A Coruña) : Biblos, 2008. 94 p. ; 23 cm. -- (Mandaio) IV Premio Biblos - Pazos de Galicia D.L. C 4594-2008. - ISBN 978-84-936607-4-1 Novela da vida cotiá. Signatura: DL 21168 A autora tenta «recoller o xeito de ver o mundo e de enfrontarse á vida dos membros da que ela chama a "xeración Xabarín", é dicir, a dos mozos e mozas que naceron na década dos oitenta e "viron os xogos olímpicos na tele, pero non se lembran demasiado"». A arte do fracaso / Berta Dávila ; [edición, Penélope Pedreira].-- Cangas do Morrazo [Pontevedra] : Barbantesa, [2010] 117 p. ; 21 cm.-- (Barbantesa ; 8) No lombo: 8. D.L. C 3513-2010. - ISBN 978-84-937330-7-0 Signatura: DL 24065 // G-N 869 DAV art A arte do fracaso pode pasar por unha colección de relatos curtos, pero tamén é un tratado sobre o fracaso e o éxito no que unha serie de personaxes, na súa maioría escritores e outros enfermos crónicos, entran e saen dos textos co obxectivo incumprido de aprender a vivir. Corpo baleiro / Berta Dávila ; prólogo, Miguel Anxo Fernán Vello.-- O Burgo, Culleredo (A Coruña) : Espiral Maior, 2007 (Gráficas Lasa) 69 p. ; 21 cm.-- (Espiral Maior poesía ; 186) D.L. C 40-2008. - ISBN 978-84-96475-65-6 Signatura: DL 18860 // G-P 869 DAV cor Non lembro que día foi:ti contaches os barcos que partiron, eu contei os que non volveron nunca. E neles ían embarcados todos. Todos e cada un dos meus versos. Todos. (de Corpo baleiro,) A Coruña, 21 de febreiro de 2014 Día Internacional da Lingua Materna Berta Dávila faise co Premio Narrativa Breve de Repsol por “O derradeiro libro de Emma Olsen” que o xurado definiu como unha obra "de interiores", impoñéndose ás 31 obras que se presentaran ao certame. Dávila verá a súa novela publicada pola editorial Galaxia. “Un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura escrito en inglés chamado Interiors. Moi ben conseguido. Fixo un xogo metaliterario que é sorprendente pola súa madurez”. Con estas palabras xustificaba o xurado do Premio de Narrativa Breve Repsol a elección de O derradeiro libro de Emma Olsen de entre os trinta orixinais presentados. Correo electrónico: bppmgonzalezgarces@xunta.es Web: http://rbgalicia.xunta.es/coruna/

132

Sep 20, 2017

Toyota Strategies

Sep 20, 2017
Search
Related Search
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks
SAVE OUR EARTH

We need your sign to support Project to invent "SMART AND CONTROLLABLE REFLECTIVE BALLOONS" to cover the Sun and Save Our Earth.

More details...

Sign Now!

We are very appreciated for your Prompt Action!

x