Magazine

A AUGA. E. INFANTIL

Description
INTRODUCIÓN Unha das finalidades da Educación Infantil é contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, así, deste xeito resulta esencial o desenvolvemento…
Categories
Published
of 6
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Related Documents
Share
Transcript
INTRODUCIÓN Unha das finalidades da Educación Infantil é contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, así, deste xeito resulta esencial o desenvolvemento social onde entra en relación directa o tema a tratar. O coñecemento da importancia da auga para o desenvolvemento dos seres vivos e de aí o valor dun consumo responsable e da non contaminación. OBXECTIVOS - Progresar na adquisición de hábitos e actitudes que contribúan ao benestar propio e común. - Observar e explorar de forma activa o contorno. - Observar os cambios nos elementos do contorno e desenvolver actitudes cara a súa conservación. - Iniciarse e avanzar na formulación de hipóteses para dar resposta a distintos fenómenos e situacións. - Utilizar diversas linguaxes como instrumento de comunicación. - Facer uso de diferentes medios para buscar información sobre o tema a tratar. COMPETENCIAS Comunicación lingüística Partirase en todo momento de situacións comunicativas que os leven a representación, interpretación e comprensión da realidade e do mundo que os rodea. Competencia matemática Xa que sempre se terá en conta que para resolver os problemas propostos deben seguir unha serie de secuencias que os levaran a poñer en práctica unha serie de procesos de razoamento para dar solución a distintas situacións. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico Pretende que o neno e a nena cheguen á comprensión de sucesos e a predición das consecuencias derivadas de accións humanas sobre os elementos do medio. Ademais tamén se favorecerá o desenvolvemento do pensamento científico a partir da realización de experimentos. Tratamento da información e competencia dixital Valerémonos de todos os medios ao noso alcance para a busca de información. Ademais de valernos das posibilidades que nos ofrecen as tic como medio de acercar á realidade de forma interactiva e virtual ao alumnado. Competencia social e cidadá Como consumidores que xa son, debemos ofrecerlles os medios e recursos que lles permitan ser nun futuro consumidores máis responsables e facelos conscientes da importancia das súas accións para o benestar da sociedade en xeral. Así como tamén da necesidade de chegar a acordos comúns para as solucións de distintos problemas ou situacións. Competencia cultural e artística Aquí é preciso facelos conscientes da necesidade da conservación do patrimonio propio a través da importancia que, por exemplo, tiñan os muíños de auga noutra época para a vida e como monumentos que amosan a beleza das paisaxes galegas. Competencia para aprender a aprender Todas as actividades partirán da formulación de hipóteses para a resolución dun problema que despois se comprobarán a través de experiencias previamente planificadas ou a través da busca de información en diferentes medios. Autonomía e iniciativa persoal Fomentarase que sexan eles mesmos os que emprendan accións para a resolución de distintas actividades ou se encarguen da busca de información de xeito que cheguen a ser capaces de elixir de xeito autónomo entre diferentes opcións e a aprender dos erros cometidos. METODOLOXÍA Os contidos organizaranse tendo en conta un enfoque globalizador: - Ofreceranse situacións de aprendizaxe nas cales poidan tomar decisións e buscar solucións a distintos problema prantexados. - Favorecerase a motivación con momentos de asemblea nos que cada neno ou nena poidan amosar as súas inquedanzas e coñecementos, así como tomar decisións consensuadas dentro do grupo. Para isto, servirémonos de preguntas abertas, o que nos levará a formular hipóteses e dialogar, feito que favorecerá a estimulación da linguaxe. - Valoraranse as opinións de todos para favorecer a autoimaxe e a autoestima, o que levará á construción dos diferentes aprendizaxes. - As actividades serán principalmente manipulativas e o máis lúdicas posibles. CONTIDOS - Adquisición de confianza nas capacidades propias. - Identificación e verbalización de vivencias e intereses. - Recoñecemento dos sentidos como medio de comprensión do mundo que nos rodea. - Interese por participar en actividades da vida cotiá que os poidan levar a ser consumidores responsables. - Planificación secuenciada de accións para resolver tarefas. - Identificación e valoración de hábitos saudables. - Interese pola exploración do contorno e do seu coidado. - Investigación do comportamento físico de distintos materiais - Curiosidade, respecto e coidado cara os elementos do medio natural. - Descubrimento das diferentes formas en que se atopa a auga na natureza, comprendendo a súa contribución ao desenvolvemento dos seres vivos e do medio, valorando a necesidade da súa conservación e de facer un uso responsable dela. - Interese por compartir opinións sobre o tema a traballar. - Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno. AVALIACIÓN A observación directa e sistemática é a técnica principal do proceso de avaliación. Poderemos avaliar, entre outros, os seguintes aspectos: - Se manifestan curiosidade polas actividades propostas - Se demostran confianza nas súas posibilidades e participan activamente nas actividades. - Se hai participación por parte das familias. - O nivel de interese mostrado polo tema a traballar - Se trasladan as aprendizaxes realizadas para a resolución doutras situacións da vida cotiá. ACTIVIDADES - Asemblea con preguntas abertas: “que sabemos da auga?”, “onde hai auga?” - Asemblea: “ de onde ven a auga?” A partir disto explicarase o ciclo da auga. Visualización flash do proceso e elaboración dun mural colectivo con tarxetas extraíbles que o represente. - As propiedades da auga Comezamos cunha asemblea: “ a que ule a auga?”, “ a que sabe a auga?” e “de que color é a auga?” A partir das respostas recibidas comezamos a facer experimentos que nos leven a comprobar as propiedades da auga. - Os estados da auga Comezamos cunha asemblea: “como é a auga?”, podémola tocar?”, podémola coller?”,…. A partir das respostas recibidas experimentamos cos distintos estados nos que podemos encontrar a auga e como se produce o paso dun estado a outro. - Aforro de auga Asemblea: “é importante a auga?”, “por que?”. Falamos da necesidade e importancia do aforro da auga: “como podemos aforrar auga?” Explicamos unha serie de medidas para para o aforro da auga e represéntanas. - Ciclo urbano da auga Asemblea: “de onde ven a auga que bebemos?”, “pódese beber toda a auga?”Explicámoslles o ciclo urbano da auga. Facemos un experimento de filtrado de auga. - Contaminación da auga Lectura do conto “Martiño e o mar”. Falamos sobre a contaminación. Pensan en medidas para evitar a contaminación. Fan carteis que as representen. - A auga na sociedade Asemblea: “é importante a auga?”, “por que?”, ten outros usos?”,… Explicamos a importancia da auga: funcionamento dos muíños e das centrais hidroeléctricas. Vemos fotos e vídeos do seu funcionamento. Constrúen un muíño por grupos. - Composición química Asemblea: “que é a auga?” Explicación de que é un composto químico. Represéntano. Introducimos o termo auga en diferentes idiomas. - Xogamos coa auga: “a auga é divertida?”, “por que?”,… Facemos experimentos e xogos coa auga: “xeo máxico”, “pompas de xabón”, “música con vasos de auga”.
Search
Related Search
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks